Tradutore de literatura - amplificando voces marxinadas
Eu son Jeremy Powell Rios. Son tradutore, editore e Sensitivity Reader e resido en Dresden, Alemaña. Ofrezo servizos de tradución literaria, académica, científica, técnica e multimedia, así como de edición e Sensitivity Readings.
As linguas cos que traballo son inglés, alemán, castelán e galego.
Especialización de tradución actual: alemán ao inglés
Por que Diversity Amp Translate?
Como parte das comunidades BIPOC*, migrantes e queer, os meus proxectos de tradución céntranse en amplificar as voces e dar visibilidade ás experiencias que a sociedade e a historia seguen marxinalizando e oprimindo. En poucas palabras, dou prioridade a traduciones de obras literarias e políticas dende perspectivas e experiencias diversas.
*BIPOC (do Inglés Black, Indigenous People of Color: persoas afectadas polo racismo)
Servizos de traducíon
-
Unha tradución consiste en trasladar a mensaxe dun texto escrito dun idioma a outro. Os servizos de tradución poden adoptar diversas formas, dende novelas ata páxinas web ou manuais de instruciones.
-
A edición refírese a etapas de preparación dun texto para a súa publicación coa máxima calidade e accesibilidade. Isto inclúe a corrección, a revisión e a adaptación dos textos.
-
Sensitivity Readings consisten en revisar textos co obxetivo de facelos máis accesíbeis e evitar un linguaxe discriminatorio u ofensivo. Isto pode incluír adaptar o texto a un rexistro lingüístico máis sinxelo, suxerir tipografías adecuadas para persoas neurodiverxentes, sinalar estereotipos e linguaxe parcial, ou simplesmente engadir un ton máis acolledor ao texto.
ACERCA DE MIN
Nacín no estado de Washington (nos Estados Unidos) e vivín alí ata 2008. Mentres cursaba o meu grao en Tradución e Interpretación en Vigo (Galicia, España) entre 2014 e 2019, decidín seguir especializándome en idiomas e traballé como profesore de inglés entre 2017 e 2020. Ao comprobar que a miñas habilidades lingüísticas alcanzaron un nivel nativo en castelán e galego, decidín mudarme a Alemaña, xa que o considerei a forma máis eficaz de adquirir unha gran competencia na lingua de alemán.
Isto levoume a Dresde en 2020, onde traballei como educadore polítice para grupos xuvenís e tiven a oportunidade de relacionarme con persoas e linguas diversas de todo o mundo. Seguín dedicándome ao ámbito lingüístico, empreando a miñas habilidades para ofrecer servizos de tradución e interpretación a diferentes comunidades e proxectos. Involucreime como voluntarie nunha biblioteca feminista autoorganizada, onde axudei a xestionar o espazo, os talleres e os eventos comunitarios. Isto incluía círculos de lectura de libros e textos de temática política de comunidades marxinalizadas, así como intercambios con algúns des autores.
Dende 2023 traballo como traductore, editore e Sensitivity Reader autonome cos idiomas inglés, alemán, castelán e galego, en particular con textos literarios, administrativos, científicos, técnicos e multimedia.
CONTACTO
Se desexas solicitar un proxecto de tradución, edición ou Sensitivity Reading, ou se tes algunha dúbida sobre os aspectos técnicos de estes servizos, a continuación atoparás os meus datos de contacto.
Alégrome poder ofrecerche os meus servizos para os teus proxectos únicos.
Correo: diversityamptranslate@systemli.org